1 00:00:25,680 --> 00:00:26,520 Ola… 2 00:00:32,040 --> 00:00:32,920 Ola… 3 00:00:34,960 --> 00:00:36,000 É imposible. 4 00:00:37,560 --> 00:00:38,400 Ola… 5 00:00:42,000 --> 00:00:43,360 De onde vén? 6 00:00:43,960 --> 00:00:44,840 Ola… 7 00:00:46,840 --> 00:00:49,840 POSICIÓN ALTURA 8 00:00:50,880 --> 00:00:51,720 Ola… 9 00:01:01,680 --> 00:01:02,720 Ola… 10 00:01:10,320 --> 00:01:11,240 Déixeme pasar! 11 00:01:11,320 --> 00:01:13,400 - …o intercomunicador. - Fóra! 12 00:01:13,480 --> 00:01:15,040 Sven, tesme que… 13 00:01:16,240 --> 00:01:17,640 Mayday! 14 00:01:22,040 --> 00:01:23,000 Axúdeme. 15 00:01:24,760 --> 00:01:28,360 Que facía a súa muller na cabina? Que di? 16 00:01:28,880 --> 00:01:30,120 Non teño nin idea. 17 00:01:32,440 --> 00:01:35,840 - Eu creo que si. - Sven, tesme que… 18 00:01:35,920 --> 00:01:38,640 - Mayday! - Síntoo. Quérote. 19 00:01:42,760 --> 00:01:44,120 - Síntoo. - Basta. 20 00:01:44,200 --> 00:01:45,200 Quérote. 21 00:01:45,800 --> 00:01:48,240 - Póñoo máis alto? - Síntoo. Quérote… 22 00:01:48,320 --> 00:01:49,680 - Basta! - Mamá? 23 00:01:51,040 --> 00:01:53,760 - Charlie… - Mamá? Onde está? 24 00:01:53,840 --> 00:01:55,720 Charlie! Non está aquí. 25 00:01:55,800 --> 00:01:56,720 Sentina! 26 00:01:56,800 --> 00:01:59,480 Charlie! Non está aquí! 27 00:01:59,560 --> 00:02:00,720 - Charlie! - Mamá! 28 00:02:00,800 --> 00:02:01,800 - Charlie! - Mamá! 29 00:02:01,880 --> 00:02:03,280 Charlie! Non era mamá! 30 00:02:03,360 --> 00:02:06,280 - Onde está? Sentina! - Era unha gravación. 31 00:02:06,360 --> 00:02:08,760 - Que gravación? - Non o sei. Da cabina. 32 00:02:08,840 --> 00:02:10,880 - Que cabina? - Do avión. 33 00:02:10,960 --> 00:02:12,400 Mais que facía alí? 34 00:02:12,480 --> 00:02:14,480 Non o sei, Charlie. 35 00:02:25,320 --> 00:02:26,360 Mi madriña, Sven! 36 00:02:27,240 --> 00:02:28,360 Si, Kathrin. É… 37 00:02:28,440 --> 00:02:31,280 É terrible. Non sei que dicir. 38 00:02:32,000 --> 00:02:34,000 Verás, agora mesmo non é… 39 00:02:34,080 --> 00:02:35,000 Charlie… 40 00:02:39,480 --> 00:02:41,800 Se necesitades algo, dimo, oíches? 41 00:02:41,880 --> 00:02:43,760 - Si, é… - Tedes que comer. 42 00:02:43,840 --> 00:02:45,440 Es moi amable. Grazas. 43 00:02:45,520 --> 00:02:48,240 Para que quero tanta ensalada de pasta? 44 00:02:49,320 --> 00:02:51,480 Empezade abaixo e ide subindo. 45 00:02:53,760 --> 00:02:56,920 Doce-tres, a policía federal solicita reforzos. 46 00:03:01,880 --> 00:03:03,120 Tedes a localización? 47 00:03:14,920 --> 00:03:15,960 Hadi. 48 00:03:19,640 --> 00:03:20,640 Hadi, esperta. 49 00:03:21,200 --> 00:03:22,240 Ola… 50 00:03:28,000 --> 00:03:28,960 Ola… 51 00:03:32,200 --> 00:03:33,080 Cando foi iso? 52 00:03:33,160 --> 00:03:34,080 Hai un momento. 53 00:03:36,720 --> 00:03:37,640 E agora? 54 00:03:37,720 --> 00:03:41,040 Non o atopo de novo. Talvez me equivocase. 55 00:03:41,680 --> 00:03:43,400 Talvez si viña da Terra. 56 00:03:45,040 --> 00:03:48,120 Estamos en medio da zona morta. Sobre o Atlántico. 57 00:03:48,640 --> 00:03:49,640 Un barco. 58 00:03:50,760 --> 00:03:52,720 - Un barco? - Si. 59 00:03:52,800 --> 00:03:56,600 Non. Imposible. Mira onde apunta a antena. 60 00:03:57,560 --> 00:03:58,880 Ao espazo. 61 00:04:00,480 --> 00:04:02,680 Entón vén do máis profundo do espazo. 62 00:04:04,240 --> 00:04:05,080 Si. 63 00:04:06,120 --> 00:04:07,480 Un neno. 64 00:04:07,560 --> 00:04:09,560 Dubido que sexa un neno. 65 00:04:10,160 --> 00:04:11,960 É alguén que nos imita. 66 00:04:16,600 --> 00:04:18,200 Hai que espertar os outros. 67 00:04:20,800 --> 00:04:21,640 Paula. 68 00:04:23,520 --> 00:04:24,560 Agarda. 69 00:04:24,640 --> 00:04:28,600 Se o sinal procede realmente do espazo exterior, é algo gordo. 70 00:04:29,200 --> 00:04:32,760 Non llo deixarán a dous científicos dunha fundación privada. 71 00:04:32,840 --> 00:04:35,560 - Será un asunto político. - Quedaremos fóra. 72 00:04:36,680 --> 00:04:38,600 Mira o mundo durante crises. 73 00:04:39,440 --> 00:04:42,200 Paula, sei do que falo. 74 00:04:42,880 --> 00:04:46,000 Crieime noutro sitio. Vin certas cousas. 75 00:04:47,160 --> 00:04:48,720 Ti non queres iso. 76 00:04:50,680 --> 00:04:52,200 Merda, xa, pode ser. 77 00:04:54,080 --> 00:04:56,240 Atopemos o sinal de novo. 78 00:04:57,880 --> 00:04:59,440 Vale, talvez teñas razón. 79 00:05:01,680 --> 00:05:03,000 Asegurémonos primeiro. 80 00:05:03,640 --> 00:05:05,000 Exacto. Si. 81 00:05:05,080 --> 00:05:08,240 Poñámonos a buscar. Non podo durmir de todas formas. 82 00:05:08,320 --> 00:05:10,480 Creo que non volverei durmir nunca. 83 00:05:12,920 --> 00:05:16,320 - Que están a buscar? - Non o sei, Charlie. 84 00:05:17,640 --> 00:05:19,200 E estalles permitido? 85 00:05:20,800 --> 00:05:22,240 Estalles permitido todo. 86 00:05:27,560 --> 00:05:29,200 Teñen visita. 87 00:05:34,960 --> 00:05:37,400 - Desculpen. - Isto non pode está a pasar. 88 00:05:40,960 --> 00:05:43,600 - Avoa! - Charlie! 89 00:05:43,680 --> 00:05:45,520 Que diaños pasa aquí? 90 00:05:49,200 --> 00:05:51,280 Talvez poida axudarnos a aclaralo. 91 00:05:54,320 --> 00:05:55,320 Déixeme pasar! 92 00:05:55,400 --> 00:05:57,400 …necesito o intercomunicador. 93 00:05:57,480 --> 00:05:59,080 Sven! Tesme que… 94 00:06:04,440 --> 00:06:05,880 Mayday! 95 00:06:05,960 --> 00:06:08,200 Síntoo. Quérote. 96 00:06:10,480 --> 00:06:13,280 É todo o que temos ata que atopen a caixa negra. 97 00:06:15,320 --> 00:06:16,680 Se é que a atopan. 98 00:06:16,760 --> 00:06:18,520 Comprobade o invernadoiro. 99 00:06:25,120 --> 00:06:26,920 Quen vai ao invernadoiro? 100 00:06:27,680 --> 00:06:29,000 Vale. Onde está…? 101 00:06:29,080 --> 00:06:31,600 Pode dicirnos algo ao respecto? 102 00:06:33,040 --> 00:06:34,040 Todo axuda. 103 00:06:42,440 --> 00:06:44,640 - Só intentamos entender… - Non. 104 00:06:47,040 --> 00:06:47,880 Nada. 105 00:07:07,680 --> 00:07:08,760 Ti decides. 106 00:07:42,760 --> 00:07:43,600 É inútil. 107 00:07:44,360 --> 00:07:48,600 Estamos demasiado lonxe, e agora chéganos toda a merda da Terra. 108 00:07:48,680 --> 00:07:49,520 Si. 109 00:07:51,640 --> 00:07:53,480 Témolo que facer dixitalmente. 110 00:07:53,560 --> 00:07:56,040 Sistematicamente. Cuadrícula a cuadrícula. 111 00:07:56,640 --> 00:07:58,440 Non é posible de forma manual. 112 00:08:01,160 --> 00:08:02,200 Vou para aí. 113 00:08:11,800 --> 00:08:12,640 Paula? 114 00:08:13,720 --> 00:08:14,560 Que foi? 115 00:08:17,720 --> 00:08:20,960 - Se estivese a pasar algo… - Contaríacho. 116 00:08:22,720 --> 00:08:24,200 É o que acordamos. 117 00:08:25,040 --> 00:08:26,200 Vale. 118 00:08:26,280 --> 00:08:27,720 Non podo máis. 119 00:08:28,600 --> 00:08:30,080 Estou esgotada. 120 00:08:33,000 --> 00:08:35,080 Tes razón. Isto non vai funcionar. 121 00:08:35,680 --> 00:08:36,800 É inútil. 122 00:08:37,560 --> 00:08:40,480 - Falemos cos outros mañá. - Paula. 123 00:08:41,120 --> 00:08:44,320 Temos que convencelos de que o manteñan en segredo. 124 00:08:45,760 --> 00:08:47,400 Non o podemos facer sós. 125 00:08:49,320 --> 00:08:50,280 É irracional? 126 00:08:51,440 --> 00:08:52,360 Non. 127 00:08:53,320 --> 00:08:54,160 Entón? 128 00:08:54,960 --> 00:08:56,520 Probablemente teñas razón. 129 00:08:57,520 --> 00:08:58,360 Ben. 130 00:09:02,200 --> 00:09:04,760 Veña, intentemos durmir unhas horas. 131 00:09:05,960 --> 00:09:06,800 Vale. 132 00:09:24,520 --> 00:09:25,560 Non! 133 00:09:25,640 --> 00:09:26,520 Charlie. 134 00:09:27,480 --> 00:09:28,320 Para mañá. 135 00:09:33,480 --> 00:09:35,680 Podo levantarme? Vou para arriba. 136 00:09:36,280 --> 00:09:37,120 Si, vale. 137 00:09:39,520 --> 00:09:40,680 Subo enseguida. 138 00:09:42,720 --> 00:09:43,960 Cepilla os dentes! 139 00:09:54,560 --> 00:09:55,920 Se é certo, 140 00:09:57,160 --> 00:09:59,280 somos culpables desas mortes. 141 00:10:01,160 --> 00:10:02,600 E sabes moi ben por que. 142 00:10:05,640 --> 00:10:07,160 A Capela Sistina. 143 00:10:07,240 --> 00:10:10,120 Bach, Beethoven, Mozart. 144 00:10:10,200 --> 00:10:12,400 Putin, Trump, Bolsonaro. 145 00:10:13,400 --> 00:10:16,440 - Xoana de Arco. Nai Tareixa. - Rosa Luxemburg. 146 00:10:16,520 --> 00:10:18,720 Pol Pot, Mao, Hitler, Stalin. 147 00:10:18,800 --> 00:10:21,160 Santa Sofía, Angkor Wat, Machu Picchu. 148 00:10:21,240 --> 00:10:24,680 Corea do Norte, o 11-S, o Estado Islámico, Boko Haram. 149 00:10:24,760 --> 00:10:27,240 - Guantánamo. - Abu Ghraib, Srebrenica. 150 00:10:27,320 --> 00:10:32,160 Xenocidio, comercio de escravos, cruzadas, a Inquisición, queima de bruxas. 151 00:10:32,240 --> 00:10:35,200 Díxencho. Non discutas co profesor de Historia. 152 00:10:35,280 --> 00:10:39,560 O seu coñecemento da malicia humana é inesgotable. 153 00:10:39,640 --> 00:10:40,480 Certo. 154 00:10:42,200 --> 00:10:44,720 - Entón cal é a conclusión? - A conclusión? 155 00:10:44,800 --> 00:10:49,560 Vive ben, protexe os que queres, non deixes a Terra máis sucia do que está. 156 00:10:49,640 --> 00:10:52,080 As visións sempre empeoraron o mundo. 157 00:10:52,160 --> 00:10:54,280 - Arruinamos cada boa idea. - Si. 158 00:10:54,360 --> 00:10:55,320 - É certo. - É. 159 00:10:56,120 --> 00:10:57,000 Ilustración. 160 00:10:58,600 --> 00:11:01,160 - Que? - Século XVII. Ilustración. 161 00:11:01,240 --> 00:11:02,280 Kant. A razón. 162 00:11:02,360 --> 00:11:05,360 "Saída do home da súa inmaturidade autoimposta." 163 00:11:06,760 --> 00:11:07,840 Gañou. 164 00:11:15,120 --> 00:11:16,720 Século XXI. 165 00:11:17,360 --> 00:11:19,640 Dixitalización. Cámaras de eco. Trump. 166 00:11:20,160 --> 00:11:23,360 Regreso do home á inmaturidade autoimposta. 167 00:11:23,440 --> 00:11:26,320 - Mimá. - Díxenvolo. É un estragafestas. 168 00:11:26,400 --> 00:11:27,520 É o meu superpoder. 169 00:11:27,600 --> 00:11:31,400 - A ver, non viramos para celebrar? - Si, veña. Un brinde. 170 00:11:31,480 --> 00:11:32,800 - Vamos. - Vale. 171 00:11:33,400 --> 00:11:36,280 - Polos astronautas. Porque… - Polos astronautas. 172 00:11:36,360 --> 00:11:38,600 - …ides voar! - Ides voar! 173 00:11:38,680 --> 00:11:40,520 - Si, imos voar! - Imos voar! 174 00:11:41,680 --> 00:11:42,520 Mi madriña. 175 00:11:49,160 --> 00:11:50,240 Falando 176 00:11:50,320 --> 00:11:51,520 de voar… 177 00:12:10,600 --> 00:12:11,720 Que estás a facer? 178 00:12:11,800 --> 00:12:14,080 Espero a súa chamada. 179 00:12:26,160 --> 00:12:27,000 Sabes que? 180 00:12:28,480 --> 00:12:29,840 Chamou. 181 00:12:31,000 --> 00:12:33,720 Deixoume unha mensaxe antes do seu voo. 182 00:12:34,560 --> 00:12:35,400 En serio? 183 00:12:36,120 --> 00:12:37,840 Si. E sabes que dixo? 184 00:12:39,600 --> 00:12:41,040 Que non discutísemos. 185 00:12:46,120 --> 00:12:47,960 - Non o entendo. - Eu tampouco. 186 00:12:50,800 --> 00:12:54,960 - Como sabe que discutimos? - Non o facemos. Somos o Equipo Terra. 187 00:12:56,760 --> 00:12:58,520 Veña. É hora de se deitar. 188 00:13:04,080 --> 00:13:05,040 Quita o xersei. 189 00:13:06,240 --> 00:13:07,080 Non. 190 00:13:07,680 --> 00:13:08,960 Vaiche dar calor. 191 00:13:10,400 --> 00:13:11,680 Quero deixalo posto. 192 00:13:13,080 --> 00:13:13,920 Está ben. 193 00:13:18,440 --> 00:13:19,280 Ven aquí. 194 00:13:24,800 --> 00:13:27,240 Tesme aquí, Charlie. Vale? 195 00:13:28,000 --> 00:13:28,840 Vale. 196 00:13:31,520 --> 00:13:34,200 - Vou coidar de ti. - Seino. 197 00:13:35,560 --> 00:13:36,400 Ben. 198 00:13:43,560 --> 00:13:44,400 Boa noite. 199 00:13:54,120 --> 00:13:55,400 Non! 200 00:13:56,560 --> 00:13:58,120 Déixao acendido. 201 00:13:58,800 --> 00:14:01,360 Pois quita iso, se non non vas poder durmir. 202 00:14:02,200 --> 00:14:03,800 Gústame ese son. 203 00:14:04,800 --> 00:14:07,800 Mamá di que é o que queda do Big Bang. 204 00:14:08,680 --> 00:14:10,000 Son as estrelas. 205 00:14:37,040 --> 00:14:37,960 Vamos. 206 00:14:51,120 --> 00:14:52,640 Agarda. 207 00:15:02,160 --> 00:15:03,160 Vamos. 208 00:15:09,920 --> 00:15:11,200 - Onde? - Aquí. 209 00:15:11,720 --> 00:15:13,160 Aquí estou. Aquí. 210 00:15:27,960 --> 00:15:28,920 Paula. 211 00:15:39,480 --> 00:15:40,320 Paula! 212 00:15:50,880 --> 00:15:52,080 - Quítamo! - Ei! 213 00:15:53,080 --> 00:15:54,320 Non fun eu. 214 00:15:55,040 --> 00:15:56,880 Paula! 215 00:16:16,560 --> 00:16:17,680 …esperto pensando: 216 00:16:17,760 --> 00:16:22,120 "Se alguén me trouxese uns ovos escalfados ou revoltos, 217 00:16:22,200 --> 00:16:24,200 unha morea de pancakes quentes…" 218 00:16:24,280 --> 00:16:27,120 Mais vou comer esta merda envasada en plástico. 219 00:16:27,200 --> 00:16:29,840 Mira quen vén! Bo día, querida! 220 00:16:30,400 --> 00:16:32,040 Soñaches algo bonito? 221 00:16:32,120 --> 00:16:35,200 - A verdade é… - Tranquila. 222 00:16:35,280 --> 00:16:38,280 Os soños no espazo son os mesmos ca na Terra. 223 00:16:38,800 --> 00:16:40,760 - Ven almorzar algo. - Vale. 224 00:16:40,840 --> 00:16:45,920 Perda de contacto en cinco, catro, tres, dous. 225 00:16:48,240 --> 00:16:50,640 E estamos completamente sós. 226 00:16:50,720 --> 00:16:54,120 Vale. Entón teño catro minutos. Intentarei ser rápida. 227 00:16:55,480 --> 00:16:58,640 Temos algo que contarvos. 228 00:16:58,720 --> 00:17:04,680 E temos que decidir todos xuntos que facemos antes de que se faga público. 229 00:17:04,760 --> 00:17:07,040 Vaia, redobre de tambores, por favor! 230 00:17:07,120 --> 00:17:08,760 De que se trata, Paula? 231 00:17:11,680 --> 00:17:14,520 Detectei un sinal onte. Estabamos na zona morta. 232 00:17:14,600 --> 00:17:17,040 - Non vén da Terra. - Que atopaches que? 233 00:17:17,120 --> 00:17:19,920 Perdino decontado. 234 00:17:20,000 --> 00:17:24,720 Mais Hadi e eu pasamos boa parte da noite a buscalo e… 235 00:17:25,520 --> 00:17:26,360 Si. 236 00:17:28,200 --> 00:17:32,680 En fin. Será mellor que o escoitedes vós mesmos. 237 00:17:32,760 --> 00:17:35,760 Púideno gravar cando o oín por primeira vez. 238 00:17:45,480 --> 00:17:46,400 Teño que… 239 00:17:48,040 --> 00:17:49,200 Un momento. 240 00:17:53,320 --> 00:17:54,160 Outra vez. 241 00:18:02,640 --> 00:18:05,280 Eu… Teño… 242 00:18:07,080 --> 00:18:08,960 Érguete. Alí… 243 00:18:10,320 --> 00:18:11,400 Alí está a porta. 244 00:18:13,480 --> 00:18:14,480 A ver, esperade. 245 00:18:14,560 --> 00:18:15,400 Ah, vale! 246 00:18:16,280 --> 00:18:17,120 Que? 247 00:18:17,200 --> 00:18:19,880 Parece un caso de mareo espacial. 248 00:18:22,240 --> 00:18:25,240 A nai que vos fixo. Estádesme a tomar o pelo? 249 00:18:25,840 --> 00:18:28,200 Case me provocades un infarto. 250 00:18:28,280 --> 00:18:29,240 Perdoa. 251 00:18:29,320 --> 00:18:31,320 Os alemáns tedes sentido do humor? 252 00:18:31,400 --> 00:18:33,880 Temos. Aos alemáns encántanos facer… 253 00:18:34,520 --> 00:18:37,960 Como se di "Streich" en español? Paula? "Streich"? 254 00:18:41,240 --> 00:18:42,080 Broma. 255 00:18:42,160 --> 00:18:44,680 Iso é. Encántanos facer bromas. 256 00:18:44,760 --> 00:18:47,200 Sodes malvados. Ese é o espírito. 257 00:18:47,280 --> 00:18:48,120 Si. 258 00:18:48,200 --> 00:18:50,200 Adaptástesvos moi rápido. 259 00:18:52,280 --> 00:18:54,600 Xa sodes claramente parte do equipo. 260 00:18:55,400 --> 00:18:56,760 - Jake… - Marchamos. 261 00:18:56,840 --> 00:18:58,720 …vouche mostrar algo. Ven. 262 00:19:00,040 --> 00:19:02,400 Que che parece, eh? Vaia dous… 263 00:19:02,480 --> 00:19:04,080 Non nos fixeron caso. 264 00:19:04,160 --> 00:19:06,600 Nin sequera sei que almorzan. 265 00:19:11,680 --> 00:19:13,040 Non o entendo. 266 00:19:15,360 --> 00:19:16,360 Ei. 267 00:19:18,440 --> 00:19:19,560 Que che pasa? 268 00:19:21,760 --> 00:19:25,360 Maldita sexa! Non me toquedes, cabróns! 269 00:19:43,440 --> 00:19:45,560 - Mais oímolo os dous. - O que? 270 00:19:45,640 --> 00:19:49,680 Estabas ao meu carón. Buscámolo toda a noite. Ti… 271 00:19:49,760 --> 00:19:52,480 - Que queres dicir? - Non está na miña cabeza! 272 00:19:52,560 --> 00:19:55,400 Non pode estar só na miña cabeza! Por favor! 273 00:19:55,480 --> 00:19:58,200 Vai pasar, oíches? 274 00:19:58,800 --> 00:20:01,240 Escóitame. Non estás soa. 275 00:20:01,760 --> 00:20:02,720 Estou contigo. 276 00:20:02,800 --> 00:20:03,880 Que fago agora? 277 00:20:03,960 --> 00:20:06,760 Agora o importante é que te tranquilices. 278 00:20:08,360 --> 00:20:09,280 - Vale. - Vale? 279 00:20:09,360 --> 00:20:10,200 Vale. 280 00:20:11,120 --> 00:20:13,160 - Podemos con isto. - Como? 281 00:20:13,240 --> 00:20:14,080 Oíches? 282 00:20:14,640 --> 00:20:15,480 Como? 283 00:20:17,080 --> 00:20:20,040 Vexo cousas aquí arriba que non son reais. 284 00:20:22,760 --> 00:20:23,640 Paula, 285 00:20:24,160 --> 00:20:27,680 déitate e toma o paquete de emerxencia, entendido? 286 00:20:27,760 --> 00:20:29,640 Eu cubrireite. 287 00:20:30,200 --> 00:20:33,600 Direilles que estás enferma ou algo así. 288 00:20:33,680 --> 00:20:36,400 Xa se nos ocorrerá algo. 289 00:20:44,600 --> 00:20:45,440 Xa cheguei. 290 00:20:45,960 --> 00:20:48,240 - Espera, agora baixo. - Vale. 291 00:20:50,240 --> 00:20:52,040 Sven, que queren de nós? 292 00:20:53,560 --> 00:20:54,800 Que lles contamos? 293 00:20:55,640 --> 00:20:57,840 Que facían os dous na cabina? 294 00:20:59,000 --> 00:20:59,840 Mira… 295 00:21:04,120 --> 00:21:05,680 E se pasou de novo? 296 00:21:07,720 --> 00:21:08,680 Parvadas. 297 00:21:10,480 --> 00:21:13,680 Foi mala sorte de principiante. Tivo unha mala viaxe. 298 00:21:13,760 --> 00:21:16,920 - Púidonos ter pasado a calquera. - Non nos pasou. 299 00:21:17,440 --> 00:21:20,200 Cada un ten unha predisposición diferente. 300 00:21:23,000 --> 00:21:24,440 Non foi unha mala viaxe. 301 00:21:26,080 --> 00:21:28,120 Foi unha psicose. 302 00:21:30,240 --> 00:21:32,800 De que che serve darlle voltas a iso? 303 00:21:34,360 --> 00:21:38,080 O médico atestou que estaría ben se non o volvía facer. 304 00:21:38,160 --> 00:21:40,640 - Foi unha advertencia. - Quen o di? 305 00:21:40,720 --> 00:21:41,760 Paula. 306 00:21:43,360 --> 00:21:44,320 Dixo ela iso? 307 00:21:46,080 --> 00:21:46,920 Dixo. 308 00:21:49,600 --> 00:21:51,760 - Por que? - É mentira. 309 00:21:51,840 --> 00:21:55,800 O médico dixo que no peor dos casos podería ter flashbacks. 310 00:21:56,840 --> 00:21:57,720 Flashbacks? 311 00:21:57,800 --> 00:22:01,120 Si. Da emoción, por estrés, de repente… 312 00:22:01,200 --> 00:22:04,480 Por iso tomaba os inhibidores. Por precaución. 313 00:22:04,560 --> 00:22:05,560 Que inhibidores? 314 00:22:06,120 --> 00:22:08,200 O médico receitoulle psicotrópicos. 315 00:22:08,920 --> 00:22:11,160 - Que? - Así que iso non pode ser. 316 00:22:11,240 --> 00:22:13,080 Estaba ben! 317 00:22:15,560 --> 00:22:16,480 Espera, entón…? 318 00:22:18,800 --> 00:22:22,640 Hadi deixou o porro do sábado catro meses antes do lanzamento. 319 00:22:22,720 --> 00:22:24,720 Preocupáballe a análise de sangue. 320 00:22:25,760 --> 00:22:28,560 Como puido ir ela con psicotrópicos no sangue? 321 00:22:58,120 --> 00:23:01,400 Non é real. 322 00:23:46,280 --> 00:23:47,640 Ti decides. 323 00:23:49,560 --> 00:23:50,880 PRIMEIROS AUXILIOS 324 00:25:15,920 --> 00:25:17,040 Ti decides. 325 00:25:50,480 --> 00:25:52,160 Tras analizar a transmisión, 326 00:25:52,240 --> 00:25:57,080 os astronautas alemáns Paula Groth e Hadi Hiraj son sospeitosos 327 00:25:57,160 --> 00:26:01,440 de causar deliberadamente o accidente do voo 7606 de Air Eleven. 328 00:26:01,520 --> 00:26:02,560 Déixeme pasar! 329 00:26:02,640 --> 00:26:04,680 - …o intercomunicador! - Xa saíu. 330 00:26:04,760 --> 00:26:06,200 Sven, tesme que… 331 00:26:11,640 --> 00:26:12,880 Mayday! 332 00:26:12,960 --> 00:26:13,800 Síntoo. 333 00:26:27,000 --> 00:26:27,840 Ei. 334 00:26:28,720 --> 00:26:30,840 Vaia, vaia, aí está. 335 00:26:30,920 --> 00:26:33,240 Benvida de novo ao mundo dos vivos. 336 00:26:34,800 --> 00:26:36,800 Meu Deus! Canto tempo durmín? 337 00:26:37,640 --> 00:26:38,920 Máis de 20 horas. 338 00:26:39,760 --> 00:26:40,720 Que? 339 00:26:40,800 --> 00:26:41,800 Si. 340 00:26:41,880 --> 00:26:44,360 Por un momento, pensamos que te perderamos. 341 00:26:44,440 --> 00:26:48,720 Parece que isto do mareo espacial comeza a ser algo real. 342 00:26:48,800 --> 00:26:50,600 Sinto telo mencionado. 343 00:26:51,600 --> 00:26:53,080 Non, tranquilo. Estou… 344 00:26:53,960 --> 00:26:56,080 Só estou un pouco débil, iso é todo. 345 00:26:58,280 --> 00:27:01,840 Coitada. Tes que comer algo, vale? 346 00:27:02,760 --> 00:27:05,160 A levantarse, durmiñona. Vamos. 347 00:27:05,760 --> 00:27:07,440 Vale. Vou enseguida. 348 00:27:26,320 --> 00:27:27,400 Xa estás esperta? 349 00:27:31,000 --> 00:27:34,400 - Canto tempo levas aquí? - Non o sei. Estaba escuro. 350 00:27:34,480 --> 00:27:35,480 Charlie. 351 00:27:36,200 --> 00:27:37,680 Hai xente fóra. 352 00:27:38,320 --> 00:27:39,160 Charlie… 353 00:27:41,160 --> 00:27:43,240 Non pode ser. Ven aquí. 354 00:27:50,320 --> 00:27:51,520 Non quero… 355 00:27:53,640 --> 00:27:55,480 que te fagas falsas esperanzas. 356 00:27:57,360 --> 00:27:58,760 Atoparon alguén? 357 00:27:59,880 --> 00:28:01,520 - Onde? - No océano. 358 00:28:03,120 --> 00:28:05,080 Non, creo que non. Aínda non. 359 00:28:05,160 --> 00:28:07,600 Ves? Entón non sabes se está morta. 360 00:28:07,680 --> 00:28:09,200 Ninguén o sabe. 361 00:28:09,280 --> 00:28:10,120 Charlie… 362 00:28:11,000 --> 00:28:12,560 Que quere esa xente? 363 00:28:16,360 --> 00:28:18,080 Vaiamos almorzar primeiro. 364 00:28:43,880 --> 00:28:45,680 Como estás? 365 00:28:51,240 --> 00:28:52,080 Escoita… 366 00:28:54,000 --> 00:28:55,360 - Eles…? - Tranquila. 367 00:28:55,440 --> 00:28:59,800 Cren que tiveches febre. Que viñeches enferma da Terra. 368 00:28:59,880 --> 00:29:00,800 Vale. 369 00:29:00,880 --> 00:29:01,720 Si. 370 00:29:16,720 --> 00:29:17,800 MENSAXE DE VOZ 371 00:29:17,880 --> 00:29:21,320 Benisha, son Paula. Metín a pata. 372 00:29:23,040 --> 00:29:24,360 Moito. Síntoo. 373 00:29:25,160 --> 00:29:26,000 Chámame. 374 00:29:26,080 --> 00:29:27,680 ENVIAR MENSAXE DE VOZ 375 00:29:30,600 --> 00:29:32,440 MENSAXE DE VOZ ENVIADA 376 00:29:34,640 --> 00:29:35,680 Que fan aquí? 377 00:29:35,760 --> 00:29:37,880 Recordas que che dixen que…? 378 00:29:40,440 --> 00:29:44,480 Díxenche que mamá estaba na cabina. 379 00:29:44,560 --> 00:29:46,120 Están no xardín. 380 00:29:50,280 --> 00:29:51,840 Non. Descólgao. 381 00:29:53,000 --> 00:29:55,800 - E preguntaches que estaba a facer alí. - Si. 382 00:29:55,880 --> 00:29:59,760 Eles, coma ti, tamén queren saber que estaba a facer alí. 383 00:29:59,840 --> 00:30:02,520 - Sae da xanela. - Mais cren que mamá…? 384 00:30:02,600 --> 00:30:03,480 Non, Charlie. 385 00:30:03,560 --> 00:30:05,920 Tanto dá o que crean, oíches? 386 00:30:08,640 --> 00:30:10,040 - Sven! - Xa está ben. 387 00:30:10,840 --> 00:30:12,360 Así só o vas empeorar. 388 00:30:13,000 --> 00:30:14,600 - Sr. Groth. - Como pode…? 389 00:30:14,680 --> 00:30:16,280 Fóra da miña propiedade. 390 00:30:16,360 --> 00:30:19,000 Apague a cámara. Apáguea! Fóra de aquí! 391 00:30:19,080 --> 00:30:22,800 É unha propiedade privada. Fóra. A estrada está alí. Grazas. 392 00:30:22,880 --> 00:30:24,160 Grazas. 393 00:30:24,240 --> 00:30:27,120 É unha propiedade privada. Grazas! Saian de aquí. 394 00:30:27,200 --> 00:30:28,640 Apaga a maldita cámara! 395 00:30:28,720 --> 00:30:31,520 - Charlie. - Díxenvos que vaiades á estrada. 396 00:30:32,120 --> 00:30:33,960 Non fala en serio. 397 00:30:34,840 --> 00:30:38,440 Que quere dicir "polo momento"? Teñen que romper unha xanela? 398 00:30:38,520 --> 00:30:39,480 Dá a cara! 399 00:30:40,040 --> 00:30:43,520 A miña filla de nove anos está aquí. Acaba de perder a súa… 400 00:30:43,600 --> 00:30:45,960 Es o culpable da morte da miña filla! 401 00:30:46,640 --> 00:30:48,720 Cabrón! Escoura! 402 00:30:51,400 --> 00:30:52,480 Que din? 403 00:30:53,080 --> 00:30:55,680 - Non poden facer nada. - Non queren. 404 00:30:56,560 --> 00:30:58,640 Asasino! 405 00:30:58,720 --> 00:31:01,920 Sabes que é o peor de todo? Non só me quitaron a filla… 406 00:31:02,000 --> 00:31:02,840 Asasino! 407 00:31:04,440 --> 00:31:06,160 …non podo chorar por ela. 408 00:31:07,160 --> 00:31:09,240 Asasino! 409 00:31:09,320 --> 00:31:11,760 Non pode ser. Non debería oír iso. 410 00:31:11,840 --> 00:31:13,360 - Sae! - Sae! 411 00:31:13,440 --> 00:31:16,120 Metámola no coche. Ten que saír de aquí. 412 00:31:17,040 --> 00:31:18,440 - Charlie! - Non! 413 00:31:18,520 --> 00:31:19,640 Vístete! 414 00:31:19,720 --> 00:31:20,960 Quero esperar aquí. 415 00:31:21,040 --> 00:31:23,320 Non podes, vale? 416 00:31:23,400 --> 00:31:25,720 - E se chama? - Charlie! 417 00:31:25,800 --> 00:31:27,240 Queremos a verdade! 418 00:31:27,320 --> 00:31:28,480 Non vai chamar. 419 00:31:31,280 --> 00:31:32,760 Non te agaches, cabrón! 420 00:31:32,840 --> 00:31:38,680 - Non te agaches! - Non te agaches! 421 00:31:38,760 --> 00:31:39,960 Só uns días. 422 00:31:40,680 --> 00:31:41,520 Vale? 423 00:31:48,640 --> 00:31:50,080 Asasino! 424 00:31:51,960 --> 00:31:53,920 Asasino! 425 00:31:55,200 --> 00:31:56,120 Confías en min? 426 00:31:56,200 --> 00:32:00,400 - Ven aquí! - Ven aquí! 427 00:32:40,200 --> 00:32:41,320 Queremos respostas! 428 00:32:44,160 --> 00:32:46,560 Ireite buscar. 429 00:33:02,560 --> 00:33:04,200 VALEU A PENA? 430 00:33:16,360 --> 00:33:18,760 Parade! Dixen que paredes! 431 00:33:20,680 --> 00:33:22,080 Queremos respostas. 432 00:33:23,400 --> 00:33:24,800 A duodécima órbita! 433 00:33:28,120 --> 00:33:30,600 Que fas? 434 00:33:30,680 --> 00:33:32,240 A duodécima órbita! 435 00:33:32,320 --> 00:33:35,400 A duodécima órbita é nosa! Non esperei abondo. 436 00:33:36,080 --> 00:33:38,960 Non podo marchar! Por favor, non me fagas ir! 437 00:33:39,040 --> 00:33:40,960 Por favor! 438 00:33:42,600 --> 00:33:43,880 Non podo marchar! 439 00:33:45,040 --> 00:33:46,200 Era un neno. 440 00:33:46,280 --> 00:33:49,680 Primeiro pensei que era Charlie, mais falou en inglés. 441 00:33:49,760 --> 00:33:51,760 Como era a voz? 442 00:33:51,840 --> 00:33:54,400 Era moi real, Benisha. Moito. 443 00:33:56,400 --> 00:33:57,320 Síntoo. 444 00:33:58,200 --> 00:34:01,000 Non. Non chores. 445 00:34:03,400 --> 00:34:06,000 - Perdoa. - Non te tes que desculpar. 446 00:34:06,080 --> 00:34:09,080 Iso é o que facemos. Choramos. Desculpámonos. 447 00:34:09,760 --> 00:34:12,000 Vale, mírame. 448 00:34:12,080 --> 00:34:15,040 Cóntame. 449 00:34:15,800 --> 00:34:16,720 Mentín. 450 00:34:16,800 --> 00:34:19,160 Fixen todo o que puiden para vir aquí. 451 00:34:19,240 --> 00:34:22,440 Para acabar o programa, para atopar o que buscamos. 452 00:34:23,040 --> 00:34:24,280 Fun imprudente. 453 00:34:25,200 --> 00:34:26,040 Ben feito. 454 00:34:27,760 --> 00:34:30,360 Parecémonos máis do que xamais saberás. 455 00:34:30,880 --> 00:34:32,440 Non, son perigosa. 456 00:34:34,320 --> 00:34:36,720 Para min. Para todos aquí arriba. 457 00:34:36,800 --> 00:34:39,040 É o que ten a xente con visións. 458 00:34:39,120 --> 00:34:41,640 Algúns acaban no cárcere, outros cun Nobel. 459 00:34:41,720 --> 00:34:44,200 Ás veces custa distinguilos. 460 00:34:44,880 --> 00:34:46,320 Como estás agora? 461 00:34:46,920 --> 00:34:47,920 Estou ben. 462 00:34:48,760 --> 00:34:51,280 - Aínda ves cousas? - Tomei Imap. 463 00:34:51,840 --> 00:34:53,600 - Hai abondo? - Hai. 464 00:34:53,680 --> 00:34:56,240 Ben. Problema controlado. 465 00:34:58,400 --> 00:35:01,520 Benisha, mentín. Moito. 466 00:35:02,080 --> 00:35:03,640 Aparte do feito, querida, 467 00:35:03,720 --> 00:35:06,720 de que non podes baixar en ascensor, 468 00:35:06,800 --> 00:35:09,080 tes traballo que facer. 469 00:35:10,440 --> 00:35:12,320 E se sigo tendo alucinacións? 470 00:35:12,840 --> 00:35:14,240 Estou asustada. 471 00:35:14,920 --> 00:35:18,680 Deixemos de chamarlles alucinacións, paréceche? 472 00:35:19,720 --> 00:35:21,040 Chamémoslles visións. 473 00:35:23,440 --> 00:35:25,640 Ves? Mellor, non si? 474 00:35:25,720 --> 00:35:26,560 Si. 475 00:35:27,080 --> 00:35:28,880 Si. Ben. 476 00:35:28,960 --> 00:35:29,800 Pois xa está. 477 00:35:29,880 --> 00:35:31,960 Veña. Volve ao choio. 478 00:35:32,760 --> 00:35:33,640 Que…? 479 00:35:34,440 --> 00:35:36,880 Ou sexa, como sei que é real? 480 00:35:37,560 --> 00:35:41,280 Aínda non o entendes, rula, non si? Tanto dá. 481 00:35:41,880 --> 00:35:43,840 Todo é real. 482 00:35:47,400 --> 00:35:50,120 - Animoume a seguir. - Non nos quere fóra? 483 00:35:50,200 --> 00:35:53,560 - Dixo que retomemos o traballo. - Entón seguimos? 484 00:35:53,640 --> 00:35:55,920 Seguimos. 485 00:35:56,000 --> 00:35:57,520 Seguimos. Si! 486 00:35:59,680 --> 00:36:00,880 Asasino! 487 00:36:00,960 --> 00:36:01,920 Asasino! 488 00:36:03,200 --> 00:36:04,080 Charlie! 489 00:36:06,680 --> 00:36:07,520 Merda. 490 00:36:08,040 --> 00:36:09,000 Estarei ben. 491 00:36:10,040 --> 00:36:13,080 Acabáronse as drogas. Tomarei as pastillas. 492 00:36:13,160 --> 00:36:15,840 Revisións médicas. Estarei ben. 493 00:36:24,120 --> 00:36:25,480 Vale, escoita. Toma. 494 00:36:27,640 --> 00:36:29,200 O meu informe médico. 495 00:36:29,280 --> 00:36:31,080 Divúlgao e quedarei fóra. 496 00:36:31,640 --> 00:36:33,200 Sentaremos na terraza. 497 00:36:33,720 --> 00:36:35,160 Sacarei o lixo. 498 00:36:36,040 --> 00:36:38,520 Saudarei os veciños e volverei sentar. 499 00:36:39,680 --> 00:36:41,160 Se iso é o que queres. 500 00:36:45,160 --> 00:36:46,680 Sabes o que non quero? 501 00:36:49,280 --> 00:36:51,680 Que desaparezas da miña vida. 502 00:36:53,960 --> 00:36:56,760 Se me plantas aquí, tamén desaparecerei. 503 00:36:56,840 --> 00:37:01,080 Non me perderei no espazo nin morrerei nun lanzamento de foguete. 504 00:37:01,160 --> 00:37:05,000 Mais ireime volvendo invisible ata que non quede nada de min. 505 00:37:23,200 --> 00:37:24,200 Ti decides. 506 00:38:09,960 --> 00:38:11,400 O silencio non axudará! 507 00:38:12,600 --> 00:38:13,600 Sae! 508 00:38:17,120 --> 00:38:18,000 Diga? 509 00:38:20,000 --> 00:38:22,200 Non! Nin falar! 510 00:38:22,280 --> 00:38:23,880 Deixádenos en paz, hostia! 511 00:38:36,360 --> 00:38:37,520 ASASINA! 512 00:38:40,520 --> 00:38:44,880 Estou aquí hoxe para lles transmitir o noso máis sentido pésame. 513 00:38:45,800 --> 00:38:49,520 O que lles pasou é das cousas máis terribles da vida. 514 00:38:50,240 --> 00:38:52,360 Perder os nosos seres queridos así. 515 00:38:53,080 --> 00:38:55,600 Non saber o que lles pasou realmente. 516 00:38:56,160 --> 00:38:59,440 É comprensible que nos poña ao límite. 517 00:39:00,400 --> 00:39:02,480 Mais quero aclarar unha cousa. 518 00:39:03,360 --> 00:39:07,920 Seguimos sen ter respostas, aínda que todos afirmen que as temos. 519 00:39:08,000 --> 00:39:09,840 Vivimos nun estado de dereito. 520 00:39:10,600 --> 00:39:13,720 Ata concluír as investigacións, todos son inocentes. 521 00:39:13,800 --> 00:39:15,480 Volve coa túa ricacha! 522 00:39:15,560 --> 00:39:19,280 Benisha Mudhi apoia plenamente os nosos astronau… 523 00:39:19,360 --> 00:39:21,320 Cala, hipócrita! 524 00:39:22,040 --> 00:39:23,400 Perdoe, gustaríame… 525 00:39:23,480 --> 00:39:25,840 Vós e o diñeiro tamén sodes culpables. 526 00:39:25,920 --> 00:39:26,920 Lisca dunha vez! 527 00:39:27,000 --> 00:39:27,960 Cala a boca! 528 00:39:28,040 --> 00:39:31,160 - Desaparece! - Todos tedes sangue nas vosas mans! 529 00:39:32,840 --> 00:39:35,560 - Mentireira! - Cala a boca! 530 00:39:46,640 --> 00:39:47,520 Está mellor? 531 00:39:48,560 --> 00:39:50,000 Desaparece, pécora! 532 00:39:50,880 --> 00:39:51,840 É certo. 533 00:39:53,160 --> 00:39:54,560 - Que? - Ten razón. 534 00:39:55,840 --> 00:39:58,320 Teño sangue nas miñas mans. 535 00:40:01,400 --> 00:40:02,440 Quere un té? 536 00:40:05,960 --> 00:40:07,080 Que tal Carlotta? 537 00:40:07,160 --> 00:40:09,440 Non o cre. Négase. 538 00:40:10,120 --> 00:40:14,520 Segue a esperar fronte á radio. Está alí agora mesmo. 539 00:40:16,800 --> 00:40:17,640 Vaia. 540 00:40:22,640 --> 00:40:24,960 Por un momento, sentín envexa. 541 00:40:26,520 --> 00:40:28,440 Para ela, mamá segue viva. 542 00:40:29,040 --> 00:40:30,280 Podrece no inferno! 543 00:40:34,120 --> 00:40:35,040 Que fago agora? 544 00:40:35,520 --> 00:40:36,640 Onde estás? 545 00:40:38,480 --> 00:40:40,440 Non lle quero quitar iso tamén. 546 00:40:50,120 --> 00:40:52,400 Paula non debía ter ido alí arriba. 547 00:40:54,360 --> 00:40:55,680 É en parte culpa miña. 548 00:41:01,640 --> 00:41:04,240 Sigo pensando que era a persoa ideal para ir. 549 00:41:05,520 --> 00:41:07,000 Sae dunha vez! 550 00:41:17,160 --> 00:41:19,920 Mudhi quere que teña un canal directo con ela. 551 00:41:20,000 --> 00:41:22,160 Prema aquí para contactar connosco. 552 00:41:23,520 --> 00:41:25,840 - Non ten móbil? - Eu son o seu móbil. 553 00:41:26,440 --> 00:41:28,040 É algo paranoica. 554 00:41:29,000 --> 00:41:31,480 Cre que poden hackear calquera móbil. 555 00:41:31,560 --> 00:41:32,720 Almas xemelgas. 556 00:41:37,360 --> 00:41:39,840 Se hai algo que poidamos facer… 557 00:41:41,000 --> 00:41:42,800 Se Mudhi pode chascar os dedos 558 00:41:42,880 --> 00:41:46,440 e facer que toda esa xente desapareza maxicamente, 559 00:41:47,400 --> 00:41:48,720 aceptarei a oferta. 560 00:41:48,800 --> 00:41:50,200 Iso está feito. 561 00:41:50,800 --> 00:41:51,640 Que? 562 00:41:51,720 --> 00:41:56,000 Todos experimentamos o dó, a dor e a perda de forma diferente. 563 00:41:56,080 --> 00:41:59,080 Mais somos iguais nunha cousa. 564 00:42:01,000 --> 00:42:02,880 Todos temos un prezo. 565 00:42:08,320 --> 00:42:12,480 - Asasinos! - Mentireiros! 566 00:42:12,560 --> 00:42:15,240 Ei! Déixaa! Non a toques! 567 00:42:15,760 --> 00:42:18,120 Deixádea en paz. Ei! 568 00:42:21,760 --> 00:42:22,960 Desaparece! 569 00:42:23,040 --> 00:42:23,880 Está ben? 570 00:43:09,640 --> 00:43:14,840 Espero que perdas todo o que queres. 571 00:43:17,440 --> 00:43:19,640 Papá! Ven! 572 00:43:22,000 --> 00:43:23,000 Charlie! 573 00:43:25,000 --> 00:43:25,840 Charlie! 574 00:43:27,000 --> 00:43:27,840 Charlie… 575 00:43:28,680 --> 00:43:29,520 Charlie… 576 00:43:32,600 --> 00:43:33,440 Charlie! 577 00:43:36,840 --> 00:43:37,960 Chamou. 578 00:43:42,840 --> 00:43:43,680 Que? 579 00:43:43,760 --> 00:43:45,280 Falei con mamá. 580 00:43:51,200 --> 00:43:52,280 Vale. 581 00:43:53,080 --> 00:43:54,400 Que fas? 582 00:43:54,480 --> 00:43:57,280 Xa está ben. Isto ten que parar xa. 583 00:43:57,360 --> 00:44:02,400 - Estasme a escoitar? Mamá chamou. - Charlie, mamá está morta. 584 00:44:03,000 --> 00:44:05,400 - Oíches? Está morta. - Non é certo! 585 00:44:08,160 --> 00:44:09,840 - Que fas? - Tes que parar. 586 00:44:09,920 --> 00:44:11,920 Esta merda estate volvendo tola. 587 00:44:12,000 --> 00:44:14,560 - Dámo. Dámo! - Para! 588 00:44:17,960 --> 00:44:18,840 Basta. 589 00:44:25,560 --> 00:44:28,000 Oxalá tiveses desaparecido ti e non mamá. 590 00:44:41,080 --> 00:44:44,160 Oes a xente aí fóra? Oes o que din? 591 00:44:45,840 --> 00:44:47,920 Din que mamá provocou o accidente. 592 00:44:48,000 --> 00:44:49,200 Que toleou. 593 00:44:50,120 --> 00:44:51,760 Sabes que é o peor de todo? 594 00:44:54,200 --> 00:44:55,040 Teñen razón. 595 00:45:11,840 --> 00:45:13,720 Quen o sabe é cómplice! 596 00:45:13,800 --> 00:45:14,680 Iso! 597 00:45:19,000 --> 00:45:21,560 Ide ao carallo! Deixádenos en paz dunha vez! 598 00:45:21,640 --> 00:45:23,560 Sven, son Rainer. 599 00:45:24,120 --> 00:45:25,560 Devólvesme a miña filla? 600 00:45:25,640 --> 00:45:28,800 Xa non podo ver as noticias. Non o aguanto. 601 00:45:28,880 --> 00:45:33,400 Si, é horrible. Non mo podo explicar… 602 00:45:34,080 --> 00:45:35,920 É difamación. 603 00:45:37,040 --> 00:45:39,360 Aquí pasa algo totalmente diferente. 604 00:45:39,440 --> 00:45:43,000 Tiñas razón, hai algo que non encaixa. Foi manipulado. 605 00:45:43,080 --> 00:45:43,920 Perdoa? 606 00:45:44,640 --> 00:45:47,840 Non podo falar diso… Non… 607 00:45:47,920 --> 00:45:49,320 Metereime en… 608 00:45:50,120 --> 00:45:51,320 Que quere dicir iso? 609 00:45:51,960 --> 00:45:54,240 Un momento. Acaban de timbrar. 610 00:45:54,320 --> 00:45:56,960 Rai… Non, Rainer, espera! Rainer! 611 00:46:03,280 --> 00:46:06,600 A persoa á que chamou non está dispoñible neste momento. 612 00:46:10,200 --> 00:46:12,000 Charlie. Charlie! 613 00:46:13,080 --> 00:46:16,320 A persoa á que chamou non está dispoñible neste momento. 614 00:46:17,560 --> 00:46:18,440 Merda. 615 00:46:23,000 --> 00:46:23,840 Charlie? 616 00:46:29,720 --> 00:46:32,200 Síntoo. 617 00:46:35,200 --> 00:46:39,360 Non discutamos. É o que dixo mamá. 618 00:46:58,680 --> 00:46:59,640 Merda. 619 00:47:15,920 --> 00:47:16,760 E iso? 620 00:47:17,320 --> 00:47:19,600 "Paxara atea" é demasiado complicado. 621 00:47:19,680 --> 00:47:21,440 Non o saben escribir. 622 00:47:22,000 --> 00:47:24,800 - Que pasa con Rainer? - Non logro falar con el. 623 00:47:27,600 --> 00:47:29,080 Aquí pasa algo. 624 00:47:31,280 --> 00:47:35,280 Volvo enseguida, de acordo? 625 00:47:42,080 --> 00:47:44,920 Non quere oír nada. Non tardo. 626 00:47:55,080 --> 00:47:56,200 Por favor, non… 627 00:48:47,200 --> 00:48:48,960 1599 O / 427 628 00:48:52,200 --> 00:48:53,160 Sabíao. 629 00:48:55,240 --> 00:48:56,560 Merda. 630 00:48:58,280 --> 00:48:59,120 Si! 631 00:49:15,000 --> 00:49:15,840 Rainer! 632 00:49:40,200 --> 00:49:41,040 Rainer. 633 00:49:44,600 --> 00:49:45,440 Rainer? 634 00:51:47,280 --> 00:51:52,120 DE ALTO SEGREDO SÓ PARA USO INTERNO 635 00:52:08,880 --> 00:52:09,720 CEO ESTRELADO 636 00:52:13,040 --> 00:52:13,880 Quen é? 637 00:52:14,520 --> 00:52:16,840 Descubriu algo. Non estaba tola. 638 00:52:42,240 --> 00:52:43,120 Ola… 639 00:52:46,840 --> 00:52:47,720 Ola… 640 00:52:48,640 --> 00:52:51,400 Non estaba tola. Paula e Hadi… 641 00:52:51,480 --> 00:52:54,360 Descubriron algo. Algo incrible. 642 00:52:55,160 --> 00:52:57,040 Charlie! Esperta. 643 00:53:00,720 --> 00:53:03,000 - Non pode ser. - Charlie. 644 00:53:04,520 --> 00:53:06,720 - Charlie! - Mais estaba… 645 00:53:12,120 --> 00:53:15,080 Merda. 646 00:53:19,720 --> 00:53:20,760 Ola… 647 00:53:24,560 --> 00:53:25,480 Ola… 648 00:54:14,760 --> 00:54:15,720 Charlie? 649 00:54:33,960 --> 00:54:34,800 Charlie! 650 00:54:35,520 --> 00:54:36,600 Para o coche! 651 01:00:36,120 --> 01:00:41,120 Subtítulos: Lorena Pereiras